A cita terá lugar o 4 de novembro e contará con artistas como Guadi Galego, Xurxo Fernandes e o grupo Nova Galega de Danza
As entradas, xa á venda, teñen un prezo de 15 euros con descontos do 25% para familias numerosas e do 20% para carné xove, persoas desempregadas e maiores de 65
As coruñesas ‘Sisters in the House’ celebrarán o seu 15 aniversario cun concerto especial no Teatro Colón. O concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o evento no que o coro de fará unha selección do seu repertorio musical e presentará novas versións. “Parecíanos de xustiza que as Sisters volverán ao Teatro Colón, lugar emblemático que foi testemuña dun dos seus primeiros concertos fai 15 anos e coincidindo, ademais, co 75 aniversario do propio Teatro” explicou o edil.
A cita, que terá lugar o 4 de novembro ás 20.30 horas, contará con artistas como Guadi Galego, Xurxo Fernandes e o grupo Nova Galega de Danza. A formación, de música moderna e integrada exclusivamente por mulleres, contará no seu aniversario co acompañamento dunha banda formada por guitarra, baixo e batería, que se sumarán aopiano da súa directora e arreglista, Carmen Rey, quen acompañou ao concelleiro na presentación. Ambos destacaron a ampliación da programación cultural liderada por mulleres e impulsada polo Concello da Coruña, como o ciclo metropolitano en marcha ‘Elas
son artistas’ que celebra mañá unha nova cita na Sala Mardi Gras, co concerto de The Dirty Denims.
O edil, Gonzalo Castro, destacou a aposta do Goberno de Inés Rey polos grupos locais iniciada no pasado mandato. “As Festas de María Pita, coas actuacións de Xabier Díaz ou a homenaxe a Mangüi foron o exemplo, mais tamén asmúltiples Festas de Barrio que afondan na posta en valor da nosa identidade” sinalou. Sisters in the House ofrecerán ao público temas de diversos estilos e artistas, desde fitos da música negra como Aretha Franklin ou Ray Charles ata composicións de Guadi Galego, pezas de musicais ou cancións populares galegas que desfilarán polas voces das 21 ‘sisters’, sempre con versións e arranxos exclusivos.
O prezo das entradas é de 15 euros con descontos do 25% para familias numerosas e do 20% para carné xove, persoas desempregadas e maiores de 65. Pódense mercar en liña na web ataquilla.gal ou no despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.