A concelleira de Igualdade, Cruz Rivadulla, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, e a concelleira de Mocidade, Antía Alberte presentaron hoxe as I Xornadas Muller e Saúde.
Estas charlas, promovidas polo Centro de Información á Muller e financiadas pola Escola de Saúde de Cidadáns do SERGAS, constarán de catro sesións:
– Menopausia. Celebrarase o vindeiro venres 6 de outubro e está preferentemente dirixida a mulleres de entre 40 e 60 anos.
– Solo pélvico, prevista para o 11 de outubro e dirixida preferentemente a mulleres de entre 30 e 60 anos.
– Endometriosis, o día 20 de outubro, destinada a mulleres de entre 14 e 50 anos.
– Menarquía, sesión destinada preferentemente a nenas de entre 10 e 14 anos, a celebrar o 27 de outubro.
O horario de tódalas sesións será de 18:00 a 19:00 horas e levaranse a cabo no Centro Cultural Lustres Rivas.