O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor destacou a importancia do voluntariado de Protección Civil coma elemento necesario no sistema integrado de emerxencias de Galicia
O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña sobre Promoción do Voluntariado de Protección Civil, onde incidiu na importancia que teñen estes voluntarios no sistema integrado de emerxencias de Galicia. Actualmente, a nosa comunidade conta con 220 Asociacións de Voluntarios de Protección Civil, das que 73 están na provincia da Coruña, 37 en Lugo, 65 en Ourense e 45 en Pontevedra, que aunan un total de 4.527 voluntarios en toda a nosa comunidade.
Segundo explicou o director xeral, o sistema de Protección civil é un servizo público no que a organización, funcionamento e execución, no que participan as diferentes Administracións públicas, así como os cidadáns na prestación da súa colaboración voluntaria, ademais a Lei de emerxencias de Galicia, manifesta que o Sistema integrado de protección civil e Emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional coma por voluntarios, definindo este último como aquel que, libre e desinteresadamente, se incorpora a entidades ou organización públicas ou privadas sen ánimo de lucro, que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións definidas nesta lei como situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Luis Menor lembrou que, maña día 5, lembrou celébrase o día internacional do voluntariado, e gabou que a nosa comunidade conta cun colectivo que leva anos traballando en prol da súa cidadanía, de maneira altruísta, solidaria sen animo de lucro e cun saber facer e estar nos momentos do día a día e nas grandes emerxencias. Dende o goberno galego apoiase a labor do voluntariado de protección civil, en temas como a formación, axudas económicas para o funcionamento das AVPC e equipamento cedidos aos concellos para a súa utilización polas AVPC.
Campaña de Promoción do Voluntariado
A campaña que hoxe presentou o director xeral de Emerxencias e Interior ten coma obxectivos principais, por en valor a labor altruísta e solidaria de todo o persoal voluntario protección civil que na actualidade forma parte das diferentes AVPC que cobren o territorio galego; facer saír a luz pública unha labor as veces inxustamente recoñecida; é un acto de homenaxe a todo o persoal, ademais de potenciar este voluntariado en aqueles concellos que non dispoñen na actualidade de AVPC e estarían interesados en formala; reforzar, incrementando o número de voluntarios, aquela AVPC que así o desexen e reafirmar aquelas AVPC, que sa veñen funcionando ben. Na campaña repartirase trípticos e carteis a concellos, Asociacións provincias e a través das mesmas AVPC. Farase tamén un lanzamento dos mesmos a través das redes sociais.