Friday 22 de November de 2024

Miño consolida o seu crecemento demográfico con 61 novas persoas censadas no mes de setembro


• Miño encabeza a lista de municipios que máis creceron poblacionalmente no último decenio, incrementando un 15,4% o seu censo desde 2012

O Concello de Miño pechou o mes de setembro con 61 persoas máis empadroadas no municipio. O aumento de poboación é unha tendencia que vén sendo habitual nos últimos anos, xa que son cada vez máis as familias que apostan por censarse en Miño.

Ao 1 de xaneiro de 2022 o Instituto Nacional de Estatística confirmou que dentro da área metropolitana da Coruña, Miño é a localidade que máis crecemento experimentou no último decenio, aumentando o seu censo nun 9.7%, o cal se traduce nunha cifra de 6.624 habitantes, sumando os 201 novos censados durante o ano pasado e aos que habería que incluír os deste ano.

En consonancia con este incremento, algunhas zonas do municipio tamén foron crecendo para acoller aos novos veciños. É o caso da urbanización Costa Miño, que repunta como primeira opción de residencia e que logrou vender case todas as parcelas que estaban dispoñibles.

O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, apunta que “estamos encantados de recibir a novos veciños e veciñas en Miño” e que “prevemos que esta tendencia siga á alza nos vindeiros anos e que Miño vaia medrando pouco a pouco”.