A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal prepara a organización da campaña do Nadal. Por tal motivo, a edil Amparo Cerecedo explica que terá lugar unha reunión con representantes de comercios na localidade coa finalidade de abordar conxuntamente a proposta para incentiva-las compras nos establecementos de proximidade nesa época.
A xuntanza será no 4 de outubro, ás 21.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán e están convidadas tódalas persoas propietarias de negocios na Pobra.