Friday 22 de November de 2024

Charlas de divulgación científica na biblioteca Rialeda


O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda os venres 6 e 27 de outubro e o 10 de novembro.

A biblioteca Rialeda comeza unha nova programación de “Ler para saber” dedicada ás charlas de divulgación científica durante os meses de outubro e novembro.

Celebraranse tres charlas sobre temas científicos dirixidas a crianzas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral que terán lugar os venres 6 e 27 de outubro e o venres 10 de novembro ás 18:30 horas na biblioteca central Rialeda en Perillo.

Os obxectivos deste programa son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Programación:

– Día 6 de outubro: OS MICROORGANISMOS E AS MICROALGAS, charla impartida por Carmen Rioboo Blanco; profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña.

– Día 27 de outubro: ALIMENTACIÓN SAUDABLE NA IDADE ESCOLAR, charla impartida por Uxía Rodríguez Lavandeira; dietista e nutricionista no Hospital da Coruña (CHUAC)

– Día 10 de novembro: ÁRBORES E ARBUSTOS DO XARDÍA DA BIBLIOTECA RIALEDA, charla impartida por Miguel Sánchez (fotógrafo) e Fina Mosquera (profesora de educación primaria)