Friday 22 de November de 2024

Finaliza o Obradoiro no que se formaron en carpintería e xardinería 20 oleirenses en desemprego


Un total de 20 veciños e veciñas do municipio finalizaron a súa formación nas especialidades de carpintería e xardinería a través dun novo Obradoiro de Emprego. Estiveron aprendendo o oficio durante 9 meses, cobrando o salario mínimo interprofesional, e agora serán contratados durante 3 meses por unha empresa para facilitar o seu acceso ao mercado laboral.

A Concelleira de Formación e Emprego e Promoción Económica, Teresa Vázquez Maseda, e Xefe Territorial na Coruña da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Pablo Lorenzo Díaz, fixeron entrega esta mañá dos diplomas acreditativos no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo. Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego en igualdade, polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Concello de Oleiros. A Xunta de Galicia fixo unha achega de 503.987,00€ e o Concello de Oleiros 25.000,00€.