Friday 22 de November de 2024

A saúde centrará unha charla no teatro cine Elma


O doutor Gustavo Barja impartirá a charla As causas do envellecemento e as enfermidades dexenerativas. Vitaminas e minerais esenciais para conserva-la saúde. Este coloquio terá lugar no 6 de outubro, ás 20.00 horas, no teatro cine Elma.

Trátase dunha actividade que impulsa a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal xunto con Ler Librerías para ofrecerlle coñecementos á cidadanía que poidan contribuír á mellora da súa calidade de vida, segundo indica a edil Patricia Lojo.

O relator é catedrático de Fisioloxía na Universidade Complutense de Madrid, académico na Real Academia Nacional de Farmacia de España e investigador científico do envellecemento, a lonxevidade e a evolución biolóxica.

A entrada é libre ata completa-la cabida.