Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Arzúa critica a prohibición no uso da súa palabra durante o último pleno por parte do exalcalde de Arzúa, agora alcalde accidental, José Luis García.


• O alcalde accidental empregou o primeiro punto da orde do día, de aprobación de actas anteriores para o seu propio beneficio como un tempo extra para responder ás nosas críticas do pleno de 19 de xullo.

• Ao Partido Popular non se lle permitiu o uso da palabra para responder a García.

O pasado xoves pola noite tivo lugar o último pleno ordinario do Concello de Arzúa no que, como recolle o artigo 62 do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), se empregou para aprobación de actas anteriores.

Foi nese momento cando o presidente do pleno, o excalcalde de Arzúa, José Luis García, que exerce de alcalde accidental durante o período de baixa do actual, por ser primeiro tenente de alcalde, exerceu o uso da palabra como un tempo extra de debate do punto 8 do pleno anterior, de 19 de xullo, algo que non se fai porque o ROM unicamente recolle que ese punto está para facer simples observacións na redacción das actas.

Así, José Luis García, logo de que no pasado pleno do mes de xullo se vise interpelado polas declaracións do noso voceiro, Rafael Rivadulla, fixo uso da palabra na quenda de debate, ao igual que o resto de grupos. Non solicitou un segundo uso da palabra, polo tanto a participación en aquel punto da orde do día, deuse por rematada.

Sorprendentemente e aproveitando que exerce de alcalde accidental, fixo un uso e abuso da súa posición privilexiada para engadir críticas aos comentarios realizados no punto 8 do pleno de xullo por parte de Rivadulla, cando nunca nos seus mandatos se empregou a quenda de palabra no punto de aprobación de actas para outra cousas que non fosen simples aclaracións.

Rivadulla solicitou a palabra para intervir, a cal lle negou García. Tras iso, Rivadulla volveu a interpelar no apartado de rogos á cuestión e solicitar que se aclarase si será posible no futuro ampliar a intervención de cada grupo no punto de aprobación de actas sobre cuestións de plenos anteriores. García volveulle a prohibir abruptamente continuar coa súa intervención, tras o cal Rivadulla pasou á quenda de preguntas.

O Partido Popular de Arzúa critica a actuación de García López no último pleno, algo que forma parte dunha última serie de actuacións impropias do mesmo nas que os populares consideramos que son motivadas pola súa perda do goberno e de condición de alcalde, e que mesmo está a aplicar no seu partido, Alternativa por Arzúa, motivo polo cal se produciron baixas de compoñentes recentemente.