· O prazo para presentar as solicitudes finaliza o 14 de outubro.
· Esta subvención serve para sufragar gastos como desprazamentos, aloxamento, mantemento do portal web ou adquisición de material.
O Concello de Bergondo publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o extracto da convocatoria de axudas a deportistas bergondeses con carácter individual, á que destina 12.000 euros co obxectivo é financiar o desenvolvemento da súa actividade.
O prazo para presentar solicitudes finaliza o 14 de outubro. Os beneficiarios finais poderán sufragar gastos como os desprazamentos ás competicións, os aloxamentos, mantemento do seu portal web, ou adquisición de material e roupa deportiva, entre outros.
O obxectivo que persegue o Concello con esta iniciativa é o de fomentar e incentivar á práctica deportiva, á vez que apoiar o esforzo e dedicación dos deportistas bergondeses.