Saturday 16 de November de 2024

A Xunta destaca o labor de Aspronaga na atención á dicapacidade na Festa das Familias organizada pola entidade


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe o traballo que leva a cabo Aspronaga para conseguir que as persoas con calquera tipo de discapacidade melloren a súa calidade de vida, a súa autonomía e a súa autoestima. Fíxoo na celebración da 9ª Festa das Familias de Aspronaga, que reuniu nas súas instalacións de Lamastelle a centos de persoas, entre usuarios, familiares e persoal de todos os centros e servizos que ten a entidade.

A directora xeral garantiu, ademais, o compromiso da Xunta de Galicia coas entidades que traballan no ámbito da discapacidade, co financiamento de prazas de atención residencial e en centros de día e ocupacionais, así como con axudas para o desenvolvemento dos seus programas. No caso de Aspronaga, o Goberno galego financia 295 prazas en diferentes centros da entidade, que supoñen un investimento anual de 4,3 millóns de euros.