O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade a moción presentada por Alternativa dos Veciños para reclamar cambios nos pregos de condicións que se utilizan para contratar a limpeza de estradas provinciais. Neste momento os desbroces das beiravías limítanse a cortar a maleza, o que orixina unha forte expansión dos plumachos nas inmediacións destas estadas.
Para eliminar os plumachos é necesaria arrincar a planta de raíz. O desbroce provoca que as máquinas expandan esta planta invasora alá por onde pasan. Este tipo de situacións dáse tanto nas estradas da Deputación como nas de titularidade autonómica.
O pleno provincial acordou que nos pregos de condicións dos contratos para o mantemento das estradas de titularidade provincial se recolla a obriga da eliminación manual dos “plumachos” (flor) e a erradicación das plantas con medios mecánicos ou tratamentos silvícolas.