Friday 22 de November de 2024

Inés Rey reivindica ás mulleres empresarias da Coruña no IV Cumio de FEDEPE e AECO


Inés Rey: “A Coruña é hoxe o motor económico de Galicia grazas aos seus empresarios pero también ás empresarias”

Deulle os parabés á Asociación de Empresarias da Coruña polo seu 50 aniversario e destacou o seu papel como a máis antiga de España

A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta mañá no acto de apertura do IV Cumio de mulleres empresarias organizado pola Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación de Empresarias da Coruña (AECO). Rey reivindicou o papel das mulleres na empresa a quen lle recoñeceu ser parte do importante tecido empresarial da cidade: “A Coruña é hoxe o motor económico de Galicia grazas aos seus empresarios pero también ás empresarias, ás que lideran grandes multinacionais ou pequenas tendas de barrio e que dinamizan a cidade”.

A alcaldesa tamén lle deu os parabéns a AECO polo seu 50 aniversario e destacou o seu papel como a enitdade empresarial liderada por mulleres máis antiga de España. “Un feito que non é casual posto que A Coruña é e sempre foi unha cidade con nome feminino” explicou Rey, e destacou o importante labor de Carmen Borrego, Elvira Otero e Rosa Otero como fundadoras da Asociación.