Friday 22 de November de 2024

Programa envellecemento activo e participación social SERÁNS ACTIVOS 2023 – 2024


Inicio dos obradoiros

O concello de Fene dende a concellaría de Benestar social presenta o programa de Envellecemento Activo, no que se enmarca “ SERÁNS ACTIVOS”.

Os obradoiros de “Espazo memoria” e “Lembranzas: o banco da memoria” desenvólvense de forma itinerante polas diferentes parroquias do concello a través das entidades veciñais e culturais, as entidades colaboran facilitando os locais da cordo coa súa dispoñibilidade horaria.

O obradoiro de “Recuperación da memoria” realízase no centro Sociocomunitario de Fene.

Cada persoa poderá escoller libremente o obradoiro ao que acudir independentemente na parroquia na que viva.

Todos os talleres ofértanse cunha periodicidade semanal cunha duración de 2h. a partir do 9 de outubro de 2023 ata 22 de xuño de 2024.

Requisitos:
 Ter cumpridos os 55 anos.
 Cubrir ficha de inscrición antes do inicio da actividade.

Os obradoiros que se ofertan son os que se indican :

• ESPAZO DE MEMORIA
É un lugar de encontro pensado para aquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de…).
Realízanse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria, a atención, a concentración, linguaxe etc. utilizando dinámicas grupais e de ocio.

• LEMBRANZAS: O BANCO DA MEMORIA .
Este obradoiro centrase en traballar diferentes procesos mentais desde unha perspectiva experiencial, dinámica, aportando vivencias e coñecementos. Ten como finalidade manter e recuperar a memoria histórica, costumes….. o que permite preservar a historia dunha comunidade fomentando as relacións interxeracionais e visibilizando as persoas maiores.
• OBRADOIROS DE RECUPERACIÓN DE MEMORIA

A súa finalidade é atrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Realízanse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Realizase unha avaliación previa para adaptar as actividades.

 

Actividades están abertas a poboación a partir dos 55 anos.

A actividade ten carácter gratuíto.

 

Lugar e datas dos obradoiros

 

ENTIDADES DURACIÓN HORA
ESPAZO DA MEMORIA

 

AA.VV. DE LIMODRE XOVES Inicio 19 de outubro 17:00 -19:00h.
C.P.S. DE SAN VALENTÍN MARTES Inicio  10 de outubro 16:30 -18:30h.

 

A.C.D.R. O POTE MANIÑOS LUNS Inicio 9 de outubro

 

17:00 -19:00h.
     
 

LEMBRANZAS

A.C.D.R. LIGA DE AMIGOS. BARALLOBRE MERCORES Inicio 11 de outubro outubro 16:30 – 18:30h.
AA.VV. PERLIO VENRES Inicio 13  de outubro

 

16:30 -18:30h.
AW S.XURXO MAGALOFES VENRES Inicio 13 de  outubro

 

19:00 – 20:30h.
A.C.D.R. AGARIMO SILLOBRE

 

MARTES Inicio 10 de outubro 18:30 -20:00h.
C.M.I.U. FENE XOVE Inicio 19 de outubro

 

 

17:00 – 19:00h.

RECUPERACIÓN DA MEMORIA

CENTRO

SOCIOCOMUNITARIO

 

MÉRCORES Inicio 11 de outubro 16.30 h – 18.30h

 

Está aberto o prazo de matrícula ata que se cubran as prazas ofertadas, por orde de inscrición.(15 prazas por grupo).

 

Entregarase cuberta a folla de inscrición no centro municipal de Servizos sociais ou na caixa de correo servizos.sociais@fene.gal

 

 

Para calquera información dirixirse a:

CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAISAvda.do Mar, Bloque 1, Baixo – San Valentín

Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607

Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal