O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 28 de setembro, a partir das 21.00 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación. A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Proposta da Alcaldía relativa ao nomeamento de suplente no GALP. Aprobada con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 abstencións (PP).
2. Proposta da Alcaldía relativa ao respecto institucional. Denegada a retirada do punto a petición do PP ao contar con 6 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP). Aprobada a proposta con 7 votos a favor (Nós Pobra, BNG, PSdeG-PSOE e VIxP) e 6 en contra (PP).
3. Aprobación do crédito extraordinario 02/2023. Aprobada por unanimidade.
4. Aprobación do suplemento de crédito 01/2023. Aprobada por unanimidade.
5. Aprobación do POS+2023 adicional. Gasto corrente. Aprobada por unanimidade.
6. Moción do grupo municipal do BNG relativa á descarga de túnidos no porto da Pobra do Caramiñal. Aprobada por unanimidade.
7. Moción do grupo municipal do PP relativa ao rexeitamento dunha posible lei de amnistía. Aprobada con 7 votos a favor (PP e VIxP) e 6 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE).
8. Moción do grupo municipal do PP relativa á renuncia á execución de determinadas obras do POS+2018 e POS+2019. Denegada co voto en calidade do alcalde ao contar con 6 votos a favor (PP), 6 en contra (Nós Pobra, BNG e PSdeG-PSOE) e 1 abstención (VIxP).
9. Moción do grupo municipal do PP relativa á instalación de rede de abastecemento de auga potable nas Carrouchas e Rosende. Aprobada por unanimidade.
Debido á finalización da xornada, non se puido aborda-la segunda parte do Pleno relativa ao control de órganos do goberno (decretos da alcaldía, informes da alcaldía, mocións de urxencia e rogos e preguntas).
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.