Friday 22 de November de 2024

Cortes de tráfico nas rúas Subiña e Fonte Cuba por obras de aslfatado


Debido ás obras de asfaltado das rúas Subiña e Fonte Cuba, mañá venres día 29 o acceso ao Campo Deportivo Municipal A Marola terá que efectuarse exclusivamente a través da avenida Jiménez Herrero.

O luns día 2 de outubro pavimentarase o tramo da rúa Subiña comprendido entre os números 60 e 80 (cruce con Rúa Fonte Cuba e cruce con Rúa Castro da Vixía). O tráfico quedará cortado agás para os residentes. Os veciños do tramo desta vía comprendido entre o número 80 e o número 102 deberán acceder a través da rúa das Palomas.

O martes día 03 e a mañá do mércores día 4 procederase á pavimentación do tramo da rúa Subiña comprendido entre a rúa Trovadores e a rúa Fonte Cuba, polo que se cortará o tráfico no mesmo tramo excepto para residentes. O acceso para o Campo de Fútbol e para os veciños dos números 60 a 102 de Subiña deberá efectuarse, a través da avenida Jiménez Herrero e a rúa Fonte Cuba, ou a través da rúa Celso Emilio Ferreiro e rúa Mazadoiro.

O mércores día 4 pola tarde e xoves día 5 pola mañá remataranse os traballos pavimentando o tramo da rúa Subiña comprendido entre o cruce coa rúa Doutor Fleming (Igrexa de Serantes) e a rúa Trovadores (urbanización Punxeiro), cortándose o tráfico no mesmo excepto para os residentes. O acceso ao campo de fútbol e para os veciños dos números 40 a 102 deberá efectuarse, ben a través da avenida Jiménez Herrero e a rúa Fonte Cuba, ben a través da urbanización Punxeiro (rúa do Xabrón- rúa Trovadores), ou ben a través da Rúa Celso Emilio Ferreiro e rúa Mazadoiro.