Friday 22 de November de 2024

Entrega de diplomas aos alumnos do obradoiro Tahume VIII


O alcalde Ribeira, Luís Pérez, a concelleira de Emprego Genoveva Betanzos, o concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño e o concelleiro de Persoal e Administración do Concello de Porto do Son José Manuel Deán Pouso, entregaron hoxe os diplomas ao alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume VIII.

O obradoiro dual de emprego TAHUME VIII é un programa mixto de emprego e formacióndirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas, subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, e promovido polo Concello de Ribeira xunto co Concello de Porto do Son.

As especialidades que se impartiron este ano foron as de Operacións básicas de cociña e pastelería e Confección e montaxe de artes e aparellos. A concelleira de Emprego, Genoveva Betanzos, agradeceu ao alumnado e profesorado a súa “dedicación, esforzo e compromiso durante o período de formación”.

O alcalde Luís Pérez quixo tamén recordar que o vindeiro ano terá lugar o Obradoiro de Emprego Tahúme IX para a formación nas especialidades de Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.