Friday 22 de November de 2024

Inés Rey reivindica a importancia da expedición Balmis na mostra ‘A Vacina das Vexigas’ da Real Academia de Medicina


A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta tarde a apertura da exposición ‘A Vacina das Vexigas. A súa difusión en España, Galicia e América’, unha mostra da Real Academa de Medicina de Galicia e a Real Academia Nacional de Medicina de España na que colabora o Concello da Coruña. Estará dispoñible, con entrada de balde, na sala de exposicións Salvador de Madariaga ata o 12 de novembro.

A mostra afonda na pandemia da vexiga, que provocou millóns de mortes no mundo, e o descubrimento da vacina en 1796, que permitiu a súa erradicación total. Inés Rey destacou a importancia da expedición Balmis, que partiu do porto coruñés o 30 de novembro de 1803, e constituíu o primeiro programa oficial de vacinación en masa. “Nesta mostra rememoramos aquela viaxe tan importante para a medicina e que tivo como parte fundamental á cidade da Coruña e o seu porto”, apuntou a rexedora.