O parque do Chorís estará pechado desde o mércores 28 de setembro de xeito provisional, mentres se leven a cabo os traballos de mellora das zonas axardinadas. Por mor da necesidade de utilizar maquinaria pesada, e para evitar calquera risco para as persoas usuarias, sobre todo na zona de xogos infantís, a brigada municipal de xardíns procederá ao peche completo do recinto mediante vallas de obra e sinalización.
Os traballos consistirán na eliminación de arbustos, o acondicionamento do terreo, a instalación de rega, o sementado de céspede e a delimitación dos parterres.