Saturday 28 de September de 2024

Obradoiros para maiores


O concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, presentou hoxe os obradoiros para a terceira idade que se levarán acabo dende Servizos Sociais Comunitarios. As inscricións están abertas e os talleres realizaranse dende outubro ata xuño.

Os obradoiros que se levarán a cabo serán os seguintes: Talleres de memoria en tódalas parroquias, enriquecemento educativo en Aguiño e Ribeira, lingua e cultura galega en Ribeira, artes plásticasen Aguiño e Ribeira, ximnasia adaptada en tódalas parroquias, informática en Aguiño e taek-health en Aguiño e Ribeira.

A oferta dos talleres ampliarase en función da demanda e as inscricións poderanse realizar en Servizos Sociais Comunitarios, na oficina de Atención Cidadá ou ben mediante o teléfono 891874138.