• O orzamento da actuación ascende a 50.820,00 euros, dos que a Dirección Xeral da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia achega unha subvención que supón o 65% do investimento, e o Concello de Laxe financia a cantidade restante
• O obxecto do presente proxecto é colocar un novo pavimento de caucho continuo en case todo o parque, deixando unha zona de area para que os nenos e nenas poidan desfrutar como ata o de agora desa zona.
O Concello de Laxe vai mellorar o parque infantil da Praza dos Voluntarios, un lugar céntrico e moi frecuentado polas familias residentes no municipio.
O orzamento da actuación ascende a 50.820,00 euros, dos que a Dirección Xeral da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia achega unha subvención que supón o 65% do investimento, e o Concello de Laxe financia a cantidade restante.
O obxecto do presente proxecto é colocar un novo pavimento de caucho continuo en case todo o parque, deixando unha zona de area para que os nenos e nenas poidan desfrutar como ata o de agora desa zona.
A zona de actuación, na actualidade, conta cunha superficie de 492 m², que contén unha rede de escala, tres balancíns pequenos, dúas randeeiras, un xogo de escalada, unha torre, un tobogán e un xogo a ras de chan. O resto do parque non dispón de pavimento, o que dificulta o uso da instalación despois da chuvia.
Para levar a cabo esta actuación realizarase o levantamento do pavimento de caucho existente, colocarase a zona de area sobre a caixa onde se pretende instalar o novo firme, estenderase unha capa de xabre de 15 cm de espesor, co seu correspondente asento, para posteriormente situar unha capa de formigón de 15 cm de espesor e un novo pavimento continuo en espesor variable, en función da altura da caída dos xogos, cunha primeira capa de material SBR e unha segunda capa de material EPDM.
Segundo indica o alcalde, José Luis Pérez, “con esta actuación imos a mellorar unha infraestrutura moi utilizada polos nosos veciños e veciñas, en concreto os nenos e nenas que habitualmente xogan nese parque infantil da Praza dos Voluntarios”.
Por último, o rexedor indicou que “nos vindeiros días non se poderá utilizar as instalacións debido ás actuacións de mellora, polo que pedimos desculpas ás familias, coa intención de rematar as obras o antes posible”.