Friday 22 de November de 2024

O Concello convida este sábado a nenos e nenas de 1 a 3 anos e ás súas familias ao espectáculo “Orella Pendella” de Migallas Teatro


A Administración local busca promover e ampliar as propostas de lecer e culturais no municipio dirixidas especialmente ás familias con bebés

O Concello de Neda convida a nenos e nenas de 1 a 3 anos e ás súas familias a participar este sábado 30 de setembro da obra “Orella Pendella. Contos, ditos e cancións tradicionais” de Migallas Teatro. A función celebrarase no salón de actos da casa da cultura, a partir das 12:00 horas.

Co inicio do curso na Escola Infantil Municipal Os Pelegríns, o Concello avanzaba como un dos seus obxectivos fomentar e ampliar as actividades de lecer e culturais dirixidas aos máis pequerrechos e pequerrechas da casa, e nesa filosofía se enmarca esta proposta.
“Orella Pendella” é unha sesión de narración oral baseada na páxina web do mesmo nome que convida á aprendizaxe e o xogo ao redor dos ditos infantís de sempre e con cancións tradicionais acompañas de música en directo.

A función conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística a través da liñade subvencións a entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.