Friday 22 de November de 2024

A Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) presentou en Santiago de Compostela a súa campaña gastronómica ‘Meses con R, aposta segura’


18 establecementos da Costa da Morte ofrecerán menús e pratos de gastronomía local de quilómetro cero, que se poderán degustar os fins de semana de outubro a decembro

A presentación oficial da campaña tivo lugar na aula de cociña do Mercado de Abastos, cun showcooking da man do chef Braulio García do Centro Superior de Hostelería de Galicia

Onte, no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, tivo lugar a presentación oficial da campaña ‘Meses con R, aposta segura’, cun evento organizado pola Asociación de Profesionais Turísticos de Costa da Morte (APTCM), que reuniu a unha variedade de personalidades do sector hostaleiro da Costa da Morte e representantes de diferentes administracións públicas.

A campaña ‘Meses con R, aposta segura’ conta co apoio da Consellería do Mar, Agader e Turismo de Galicia e ten como obxectivo promover a gastronomía local de quilómetro cero da Costa da Morte, durante as fins de semana dos meses de outubro, novembro e decembro, tempada na que os mariscos están no seu mellor momento. Os comensais poderán degustar menús ou pratos baseados na gastronomía local, principalmente peixes e mariscos das lonxas da Costa da Morte, así como produtos da horta.

Esta iniciativa, promovida por APTCM e coa colaboración da CMAT, busca desestacionalizar a demanda, permitindo desfrutar dos produtos de temporada fóra dos meses do verán e destacando a riqueza dos produtos da Costa da Morte.

Neste evento de presentación na Praza de Abastos, interviñeron:

  • Pepe Formoso (Presidente de APTCM)
  • Damián Álvarez (Secretario de APTCM)
  • Antonio Basanta (Director Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica)
  • Alfredo Fernández Ríos (Subdirector de Mobilidade de Terras de AGADER)
  • José Manuel Merelles (Director da Axencia Turismo de Galicia)

Por último, Braulio García, chef e profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia, realizou unha pequena demostración e showcooking de pratos que poñen en valor estes produtos.

Os 18 establecementos participantes nesta campaña, que á súa vez busca fomentar a colaboración entre os sectores turístico e pesqueiro do territorio, son os seguintes:

  • A Lonxa D´Álvaro
  • A Marina de Camariñas
  • As Garzas
  • Asteria Beach
  • Balarés Hotel
  • Carrumeiro
  • Liresca
  • Mar da Morosa
  • Mar de Queo
  • Morada da Moa
  • Náutico de Razo
  • Mar de Preciosa
  • Moncho
  • Refuxio do Náufrago
  • Parador Costa da Morte
  • Pontemaceiras
  • Río Sil
  • Tira do Cordel

Algúns dos produtos nos que se basearán os menús inclúen o Grelo rizado, a Pataca de Coristanco, a Faba do marisco, o Pan de Carballo, o Berberecho do Anllóns, a Centola, o Polbo ou a inmensa variedade de peixes das lonxas da Costa da Morte.

Proximamente poderase consultar toda a información sobre esta campaña ‘Meses con R, aposta segura’, nas canles oficiais da CMAT.