Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Sada celebra a instalación das letras de cerámica na rotonda fronte á Terraza


Espera que o acontecemento sexa o comezo dun cambio de rumbo nas relacións do Concello con Sargadelos.

O Concello de Sada procedeu por fin a instalar as letras cerámicas elaboradas por Sargadelos co nome do municipio fronte á Terraza.
“Sen dúbida esta localización sinala visualmente, tanto o veciño como o visitante, unha primeira parada ante unha das mellores expresións arquitectónicas do municipio e, á vez, lembra a presenza da fábrica de Sargadelos e o seu museo, referencia cultural e artística de primeira orde en Galicia.” Celebrou Esperanza Arias portavoz do Grupo Municipal.

“Esperamos convencer tanto ao resto da oposición como, especialmente, ao GobernoMunicipal de que Sargadelos e A Terraza deben de ser xestionadas polos seus actuais propietarios e promocionadas e potenciadas polo Concello.” Engadiu.

“Isto non impide que cunha e outra empresa celébrense acordos ou convenios que permitan realizar nelas actividades de interese municipal, sempre cun acordo dos seus propietarios” finalizou a Presidenta e Portavoz do PP sadense.