Friday 22 de November de 2024

Completada a formación de 20 persoas na terceira edición do obradoiro de emprego ‘Artabroemprende’


● Hoxe celebrouse o acto de clausura do obradoiro, promovido e coordinado polo Concello de Miño xunto cos municipios de Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume.

● Participaron os alcaldes dos cinco municipios e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

● Durante 12 meses formáronse 20 persoas en materia de conservación e mellora de montes e xardinería.

O salón de plenos da casa do concello de Miño acolleu hoxe, martes 26 de setembro, o acto de clausura da terceira edición do obradoiro dual de emprego ‘Artabroemprende 3’, promovido e coordinado por terceiro ano consecutivo polo Concello de Miño, xunto cos municipios de Cabanas, Monfero, Paderne e Pontedeume.

No acto participou o alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández; o alcalde de Cabanas, Fernando Couce; o alcalde de Monfero, Andrés Feal; e o alcalde de Paderne, Sergio Pratas, ademais do delegado da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor.
A través deste programa, co que se pretende impulsar a inserción laboral de persoas desempregadas no ámbito da xardinería e a conservación de montes, formáronse un total de 20 persoas. O proxecto conta cun orzamento de 503.987 euros euros, financiados pola Consellería de Emprego e Igualdade.

O alumnado participante recibiu hoxe os seus respectivos diplomas tras o traballo realizado durante 12 meses, nos que se formaron en dous módulos: un de xardinería en espazos urbanos e outro de mellora de montes. Os labores prácticos levaron a cabo nos cinco municipios participantes na iniciativa. No caso de Miño, se realizarin traballos de xardinería en áreas de descanso do Camiño Inglés e tamén labores de reforestación en parcelas de titularidade municipal.
“Unha vez máis, e xa van tres, este obradoiro foi todo un éxito”, indicou Manuel Vázquez Faraldo que salienta que “ademáis de ampliar vos coñecementos e capacidades dás persoas que participaron nesta iniciativa, tamén increméntase a súa empregabilidade xa que ou orzamento deste proxecto conta tamén con incentivos á contratación para empresas”.