Friday 22 de November de 2024

Contacontos e dinamización da lectura para recibir o outono na Biblioteca Xosemaría Perez Parallé de Fene


A compañía Moc Moc MeRe Clown trae este venres á biblioteca municipal de Fene “A verdadeira historia de Hamelín”, función programada pola Concellería de Cultura no marco do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia. O ciclo terá continuidade os días 5 de outubro, con “Toupiciencia”, de A Xanela do Maxín, e o 19 de outubro, co espectáculo “Procúra-se Pepa a Loba”, de Cristina Collazo. Todas as funcións serán no salón de actos da Casa da Cultura de Fene ás 18 horas con entrada libre e de balde

O primeiro espectáculo de Ler conta moito 2023 no Concello de Fene promete “bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor”. “A verdadeira historia de Hamelín”, de Moc Moc MeRe Clown é unha adaptación circense do conto clásico “El flautista de Hamelín” no que os espectadores descubrián o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público, Moc Moc (David Merelas) contará como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que amolan e fan imposible a vida dos seus habitantes”.

O espectáculo, recomendado para nenos/as de 3 a 12 a anos, representarase este xoves 28 de setembro, ás 18 horas. Duración: 45 minutos.

A segunda función que anuncia a Biblioteca Municipal de Fene para este outono será con
“Toupiciencia”, de A Xanela do Maxín, o xoves 5 de outubro ás 18 horas. Nela, “a Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento”.

O ciclo concluirá o xoves 19 de outubro ás 18 horas co espectáculo “Procúra-se Pepa a Loba”, de Cristina Collazo. Nel, “a famosa bandoleira Pepa a Loba percorre os montes galegos sen medo a nada. Ata que alguén lle fala dun cobizado tesouro… Atréveste a procuralo con ela?”. “Procúra-se Pepa a Loba” é unha aventura chea de música, monicreques e intrigantes historias.