Friday 22 de November de 2024

Última sesión do ano dos “Martes saudables” cunha charla sobre os recursos sanitarios


Unha ducia de veciños e veciñas de Oroso participaron na charla “Coñecer os recursos sanitarios”, impartida por especialistas da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria dentro do programa “Martes saudables”, que organiza o Concello de Oroso. Unha charla que cumpriu ao máximo o obxectivo co que naceu este programa: achegar información útil e práctica para os maiores de Oroso xa que os técnicos do FEGAS expuxeron os distintos recursos sanitarios aos que ten acceso a veciñanza de Oroso.