Investirá máis de 80.000 euros procedentes do POS Adicional
O Concello de Neda procederá á apertura dun novo vial dende o Camiño Vello ata a Bacela. Unha intervención na que tamén se contempla a pavimentación da vía e a implantación de servizos -saneamento e abastecemento de auga, electricidade, alumeado público e telecomunicacións-. A actuación requerirá dun investimento de 83.096,34 euros, e financiarase con cargo ao POS Adicional. O Concello vén de sacar a contratación os traballos, polo que as empresas poden presentar xa a súa oferta ata o 6 de outubro, e acceder aos pregos a través da plataforma de contratación do sector público.
Hoxe en día existe un paso peatonal sen pavimentar, aínda que o planeamento urbanístico prevé na zona un vial, e a raíz das cesións obligatorias consecuenciada obtención de licenzas urbanísticas para a construción de vivendas unifamiliares nas fincas contiguas, o Concello dispón dos terreos necesarios para a apertura do citado vial. Obras que incluirán tamén o aglomerado e implantación de servizos urbanísticos de saneamento, abastecemento de augas, electricidade, alumeado público e telecomunicacións.