Friday 22 de November de 2024

Cursos de formación para persoas en situación de desemprego


O Centro Municipal de Formación Issac Díaz Pardo oferta 7 cursos formativos para persoas en situación de desemprego. Os cursos serán de cociña, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, socorrismo en instalación acuáticas, socorrismo en espazos acuáticos naturais, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e competencia clave nivel 2 para certificados de profesionalidade con idioma galego.

En total haberá 105 prazas. Para poder participar nos cursos e informarse, as persoas interesadas deben contactar co Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, no enderezo rúa Os Regos 24, no teléfono 981 610 319, ou a través do correo electrónico cmf@oleiros.org.

Para a realización destes cursos o Concello recibiu unha subvención da Xunta de 340.522,20 euros.