Friday 22 de November de 2024

García Seone practica as súas habilidades de trileiro coas convocatorias e contidos dos plenos do concello


O PARTIDO POPULAR DENUNCIA QUE AS ARGUCIAS UTILIZADAS POLO ALCALDE PARA ENTORPECER A ACCIÓN DA OPOSICIÓN ROZAN O DELITUOSO

O concello de Oleiros, sendo o máis rico da comarca, é o que menos retribúe á súa oposición, o que máis concelleiros con dedicación exclusiva ten (13), o que conta con máis cargos de libre designación (7) e é, ademais, o mellor pago de toda a comarca, o que lle permite gastar máis de medio millón de euros ao ano en publicidade, propaganda e axitación…

Por se todo isto fose pouco, García Seoane non dubida en boicotear toda actividade de control e impulso, principal tarefa que lle corresponde á oposición.

O pasado día 7 de setembro os grupos municipais de PP e PSOE solicitaronconxuntamente un pleno extraordinario monográfico para tratar os graves incidentes que tiveron lugar durante as festas do mes de agosto no noso concello. O Regulamento obriga ao concello a convocalo no prazo de 4 días desde a solicitude. O alcalde fixo caso omiso ao devandito prazo, polo que quedaría automaticamente emprazado para o día 27 de setembro, ás 12:00h.

“A sorpresa vén cando Gelo invéntase un novo prazo á súa conveniencia e fíxao ilegalmente para o día 28, xusto media hora antes do Pleno ordinario. Que consegue con esta manobra? En primeiro lugar, tentar que o tema dos altercados das festas pase desapercibido. En segundo lugar, que é máis grave se cabe, acoutando a duración do mesmo e negando informes previos aos grupos”, declarou Loli Silva portavoz do Grupo Popular.

“Por outra banda, presentamos unha moción en tempo e forma para que fose incluída no ditame da comisión informativa e despois figurase a orde do día do Pleno ordinario deste mes. Unha vez máis o alcalde deu instrucións directas para que non se faga e teñamos que expoñela directamente ao pleno, o que lle permite evitar unha votación previa sobre a súa urxencia que, ao ter maioría, gana e, por tanto, impide que se debata”, lamentou Silva.