Friday 22 de November de 2024

O Porto de Lorbé continúa sen alcantarillado pola desatención de Portos de Galicia


A Xunta, tras repetidas demandas do Concello durante máis de 10 anos, está a construír o tramo de 200 metros de conexión da vía Ártabra co Porto de Lorbé que deixara sen realizar no seu momento. Incomprensiblemente, esa obra non contemplaba a rede de saneamento das empresas e edificios situados na zona portuaria, que están vertendo directamente o mar. Nese momento, o Concello volveu reclamar que modificasen o proxecto para dotar de rede de alcantarillado ao porto e eliminar a contaminación existente. A Xunta atendeu en parte a petición do Concello deixando colocados os tubos, pero non ten previsto crear o bombeo necesario para que as augas residuais do Porto de Lorbé poidan chegar ata a depuradora municipal que hai 450 metros máis arriba.

É Portos de Galicia, organismo da Xunta, o que ten sen alcantarillado o Porto de Lorbé e o que debe construír o bombeo necesario para acabar coa actual contaminación.