O Obradoiro de Emprego Tahume VIII celebrou hoxe a clausura do servizo de comedor social que realizaba o alumnado do Obradoiro de Cociña, encargado de elaborar os menús para os comensais beneficiarios do programa Almorzos Solidarios.
Ao evento, que consistiu nun showcooking realizado polo alumnado, asistiron a concelleira de Emprego, Genoveva Betanzos, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño e o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes.
Trala finalización do Obradoiro de Emprego e co propósito de dar continuidade ao Programa e garantir a cobertura das necesidades básicas dos beneficiarios, o Concello de Ribeira contratou un servizo de catering para elaborar e entregar os menús aos usuarios do programa ata fin de ano.
“O Programa Almorzos Solidarios está destinado a persoas en situación de exclusión social residentes no Concello de Ribeira que non teñan cubertas as súas necesidades básicas.” explica o concelleiro de Servizos Sociais Vicente Mariño. Este programa realizase a través de Servizos Sociais Comunitarios en colaboración coa entidade ICE Renovación.