Friday 22 de November de 2024

Alternativa reclama na Deputación cambios na limpeza de estradas para evitar a expansión dos plumachos


O próximo venres 29 de setembro Alternativa dos Veciños presentará unha moción no pleno da Deputación da Coruña para reclamar cambios nos pregos de condicións que se utilizan para contratar a limpeza de estradas provinciais. Neste momento os desbroces das beiravías limítanse a cortar a maleza, o que orixina unha forte expansión dos plumachos nas inmediacións destas estadas.

Para eliminar os plumachos é necesaria arrincar a planta de raíz. O desbroce provoca que as máquinas expandan esta planta invasora alá por onde pasan. Este tipo de situacións dáse tanto nas estradas da Deputación como nas de titularidade autonómica.