Aberto o prazo para a inscrición na sexta edición de “De maior crea”, que ofrecen teatro, música e creación audiovisual
Xa está aberta a inscrición para a sexta edición do ciclo“De maior crea”, que busca promover o benestar dás persoas maiores de 55 anos a travésdo que o programa denomina “envellecemento creativo”. Esta iniciativa impulsada polo Concello mereceu o interese do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) dependente do Ministerio de Ciencia e Innovación como proxecto pioneiro para combater o edadismo e favorecer a integración dos maiores.
De maior crea busca promover o aprendizaxe das persoas maiores e proporcionarlles recursos para crear ou seu propio contido e narrativas. Nesta edición de 2023 ofrécense catro talleres: Introdución á linguaxe audiovisual, Desenvolvemento de Proxectos Audiovisuais, Cinema con móbil e Teatro e vídeo. Os talleres son gratuitos, desenvólvense en espazos municipais (centros cívicos e socioculturais), e no son necesarios coñecementos previos.
Dirixido polos cineastas Manolo Gómez e Domingo D. Docampo, “De maior crea” permite aos seus participantes poñer en marcha os seus propios proxectos de creación audiovisual.
Os participantes traballan en equipo, elixen a función que queren desempeñar (interpretación, dirección, guión, técnico…) e exploran as súas capacidades á vez que se relacionan.
“Unha das prioridades do Goberno de Inés Rey é combater a soidade non desexada e as súas consecuencias sobre o benestar e a saúde mental dos maiores da cidade”, sinala a concelleira responsable da área de Benestar Social, Yoya Neira.
“Proxectos como ‘De maior crea’ permiten tamén combater o edadismo, fomentar a autoestima persoal e favorecer a igualdade e a diversidade ao integrar a persoas de moidistintos ámbitos para que elaboren proxectos conxuntos”, sinala Manolo Gómez, un dos responsables do proxecto.
A fase de inscrición para os talleres, que comezarán en outubro, xa está aberta a través do correo electrónico na dirección info@socialdocs.es. Os interesados deben poñer o seu nome e apelidos e os talleres nos que desexan participar. Tamén pode facerse a través de Whatsapp no 697274675 ou solicitar información sobre o programa nos centros cívicos e no teléfono 010. As prazas son limitadas.