O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez Puerta, entregaron hoxe os premios do Concurso de Escaparartismo e Decoración de Locais Hostaleiros da Feira Mariñeira de Artemar.
Neste ano 2023 foron 26 establecementos os que participaron no Concurso de Escaparartismo. Emitíronse un total de 493 votos; resultando como gañador SUMINISTROS SANTA UXÍA.
Outros 5 locais participaron no Concurso de Decoración de Locais Hostaleiros; e foron emitidos un total de 398 votos, resultando como gañador COCOLUCHE.
O rexedor e o concelleiro felicitaron a ambos establecementos e agradeceron a súa implicación. “A participación do comercio local contribúe a preservar e promover a feira de Artemar, así como tamén a nosa identidade e cultura mariñeira” afirmou o concelleiro Suárez Puerta.