Friday 22 de November de 2024

O Concello axuda á veciñanza a tramitar as solicitudes para o programa Benestar en Balnearios


Está dirixido a maiores de 60 anos ou de 55 pensionistas

O Concello de Neda, a través do departamento de Servizos Sociais, axudará de novo a veciños e veciñas a tramitar as súas solicitudes para participar no programa autonómico Benestar en Balnearios, para o que deberán concertar cita previa chamando ao 981 38 00 39. O prazo está aberto, ata o 18 de outubro -incluído-, e o programa que promove a Xunta ofrece estancias de 10 días, en réxime de pensión completa a escoller en 16 balnearios de Galicia, en varias quendas, entre o 22 de outubro e o 31 de decembro.

Poderán acceder ao programa persoas maiores de 60 anos ou de 55 pensionistas, e cada solicitante poderá acceder a 2 prazas -para un/ha acompañante que cumpra unha serie de requisitos-.