Friday 22 de November de 2024

A segunda edición do Slalom volve ás Somozas


• A competición é de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia

• O evento busca probar as habilidades fronte ao volante cun circuíto de obstáculos

Trala boa acollida da súa primeira edición e con máis de 50 participantes, o Concello de As Somozas acollerá o 2º Slalom o vindeiro 23 de setembro.

A competición, organizada tanto pola Escudería Moeche como polo propio Concello, trátase dunha proba nacional puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom e consta dun circuíto sobre un pavimento plano e asfaltado con obstáculos, onde o piloto ou pilota poderán demostrar as súas habilidades ao volante.

O certame admite todo tipo de vehículos de turismo, con carrocería pechada dun mínimo de dúas prazas e homologados. Pola súa parte, os prototipos artesanais como Car cross, Speed-Car ou similares non serán admitidos.

Juan Alonso, alcalde das Somozas, sinala que “o Slalom é un gran atractivo turístico que atrae a xente de toda Galicia ao noso municipio e sitúa ás Somozas como un dos epicentros do motor galego durante esa fin de semana”.

O evento, que da inicio ás 08:00 horas e remata ás 22:00 horas coa entrega de premios, é de carácter nacional e puntuable para o Campionato de Galicia.