Friday 22 de November de 2024

‘Xuventude con Talento’, unha aposta pola mocidade desde as administracións


· A Casa de Pedra de Camariñas acolleu hoxe o acto de inauguración oficial do programa.

· Participan 15 mozos e mozas que realizarán estadías nas administracións locais de Camariñas, Muxía e Vimianzo.

Hoxe, martes 19 de setembro, a Casa de Pedra de Camariñas acolleu o acto de presentación oficial do programa ‘Xuventude con Talento’, que levan a cabo os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo e e está subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo Fondo Social Europeo. Un programa que está destinado a mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

No acto participaron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o concelleiro de Obras Vimianzo, Miguel Ángel Pérez; o alcalde de Muxía, Iago Toba, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel.

Este proxecto pretende reforzar a empregabilidade, as habilidades e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

As personas participantes son 15 mozas e mozos que realizaran estadías (prácticas non laborais) nas administracións locais de Camariñas, Muxía e Vimianzo, en tres sectores estratéxicos: Tecnoloxías da información e comunicación, Calidade de vida e benestar e Téxtil/moda-artesanía.