Friday 22 de November de 2024

Posibilidades do sistema especial de pago do IBI e Rodaxe no concello de Riveira


Recollendo o acordo unánime tomado pola Corporación no pleno do luns, dende o Concello de Riveira se quere dar difusión ao Sistema Especial de Pago recollido na Ordenanza Fiscal Xeral Municipal, e que permite o fraccionamento de pago das débedas de IBI ou IVTM dun xeito sinxelo, sen necesidade de prestación de garantías e sen devengo de xuros de demora.

Os obrigados ao pago que así o soliciten poderán pagar de forma fraccionada e mediante domiciliación bancaria as débedas polo IBI (sempre que o posibilite o Servizo de Xestión Tributaria da Excma. Deputación Provincial de A Coruña) e IVTM, devengadas a 1 de xaneiro do exercicio, sen que lles sexa esixible o pago de xuros de mora nin a prestación de garantías.

Para acceder a esta modalidade de pago deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non ter á data de aprobación do padrón do tributo correspondente ningunha débeda en vía executiva co Concello.
b) Domiciliar os seus recibos en calquera entidade financeira.
c) Notificar formalmente á Administración tributaria a adhesión a este Sistema antes do día 1de xaneiro do exercicio no que se pretende a súa aplicación.
d) Incluír tódolos seus recibos polo tipo de ingreso no que se acollen a este sistema

O sistema especial de pagos entenderase automaticamente concedido desde o mesmo día da solicitude sempre que se cumpran todos os requisitos establecidos no parágrafo anterior.
No suposto de que a solicitude se presente despois da data indicada, a concesión terá efectos tributarios no exercicio seguinte.
De non se cumprir os requisitos establecidos a Administración tributaria municipal comunicará, antes do inicio do período de pago establecido e en todo caso antes do primeiro prazo, a denegación o a exclusión deste sistema especial de pago ao obrigado ao pago.

Unha vez incluídos os recibos neste sistema de pago entenderase prorrogado tacitamente agás desistimento expreso presentado antes do día 1 de xaneiro do exercicio no que se pretende a exclusión do sistema especial de pago, ou incumprimento de calquera dos prazos.

O obrigado ao pago abonará mediante domiciliación as cotas tributarias fraccionadas, sen xuros de mora e sen obriga de prestar garantías, mediante o Sistema Especial de Pago nas seguintes datas (agás doutras que poida establecer o Servizo de Xestión Tributaria da Provincial no caso do IBI):
• Primeiro Prazo: 5 de maio;
• Segundo Prazo: 5 de agosto;
• Terceiro Prazo: 5 de novembro.

O importe de cada fracción será o resultado de dividir o importe do/s recibo/s polo número de fraccións.

Cando por causas imputables ao obrigado ao pago a débeda non se faga efectiva no seu vencemento, isto é, cando non se pague calquera dos prazos, perderase de maneira automática o dereito a beneficiarse deste sistema de pago, pasando a rexerse polo sistema xeral e, polo tanto:
a) se o período voluntario de ingreso non tivera finalizado, terase que proceder ao pago íntegro da débeda dentro do período voluntario de ingreso establecido para o tributo ou ingreso de dereito público;
b) se o período voluntario de ingreso tivera finalizado, iniciarase a vía de constrinximento pola contía pendente de pago.

Se o obrigado ao pago decidira adiantar o pago de calquera das fracciones á data de vencemento sinalada, deberá abonar o importe total do recibo para o que terá que dirixirse a Administración tributaria municipal que lle entregará o documento de pago,sen que isto supoña a perda do sistema para exercicios posteriores, agás que o interesado así o manifeste.

Calquera modificación na conta de domiciliación deberá de comunicarse con 2 meses de antelación as datas establecidas para o cobro de cada fracción. No suposto de que se presente
despois das datas indicadas, as modificacións terán efecto para a fracción seguinte.

Cando o sistema especial de pago remate anticipadamente sen que o importe abonado permita cancelar o importe das débedas incluídas no sistema, o Concello aplicará os cobros realizados a débeda máis antiga, e se as débedas tiveran a mesma antigüidade a Administración tributaria poderá aplicalas do xeito que estime máis conveniente. A antigüidade determinarase de acordo coa data en que cada unha fose esixible.