Esta mañá tivo lugar a presentación do V Festival Entes Animados, á que acudiu a concelleira de Cultura de Miño, Catalina Mordado.
Miño será un dos escenarios do festival de monicreques o vindeiro domingo, 24 de setembro. A compañía italiana ‘Bambabambin’ recreará o seu espectáculo ‘Arlequiniadas’ no parque dá Rúa, a partir das 13:00 horas. En caso de choiva a función trasladarase ao Centro Social.