• Será o martes, 26 de setembro, no auditorio do Centro Social da Rúa, a partir das 11:00 horas
• Os asistentes poderán obter o certificado dixital ou a Cl@ve no momento, así como aclarar dúbidas sobre os trámites dixitais da Administración Pública
O auditorio do Centro Social da Rúa será o escenario dunha das citas de ‘A Administración preto de ti’ o vindeiro martes, 26 de setembro. A xornada, organizada polo Ministerio de Política Territorial, comezará ás 11:00 horas.
O obxectivo do programa é facilitar e achegar os trámites dixitais da Administración Pública á cidadanía. Por iso, nestas sesións pódense emitir certificados dixitais ou a identificación Cl@ve ao momento, un dos servizos máis demandados.
Doutra banda, tamén ofrecen o servizo de asesoramento e resolución de dúbidas nas xestións máis habituais, por exemplo as relacionadas coa xubilación, coñecer a vida laboral ou como acceder ao bono cultural. Desta maneira, búscase combater a fenda dixital e ofrecer a todos os cidadáns as mesmas oportunidades.
Desde a corporación municipal de Miño apuntan que “este tipo de xornadas son necesarias, pois non todo ou mundo se manexa ben non ámbito dixital. Unha formación coma esta, na que se tratan vos procedementos básicos, proporciona á poboación máis autonomía á hora de realizar estas xestións, evitando desprazamentos innecesarios.