Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ribeira reúnese coas ANPA para abordar as necesidades do alumnado de cara ao novo curso escolar


Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, Cruz Rivadulla, concelleira de Educación e e Vicente Mariño, concelleiro de Servizos Sociais, mantiveron hoxe unha reunión coas ANPA para abordar as necesidades dos centros e do alumnado no curso escolar 23/24.

No encontro tratáronse diversos temas como o mantemento dos centros educativos. Nos casos nos que a infraestrutura depende da Consellería, o Concello elaborará un informe técnico para solicitar as melloras correspondentes que demanda a comunidade escolar.

No tocante ao transporte público; as liñas actuais de autobús non se adaptan ao volumen do alumnado nin ás súas necesidades. “Imos solicitar á Xunta unha restruturación do transporte público porque é preciso adaptar as rutas e horarios de xeito que fagan servizo aos rapaces e rapazas de tódalas parroquias” afirmou o alcalde Luís Pérez. Ademais disto, o rexedor ribeirense dará instrucións á Policía Local para que verifique que se cumpren os horarios e os servizos que a empresa ten encomendados.

Durante a reunión tamén se falou da actual carencia de profesorado para o alumnadocon necesidades especiais. “A Consellería precisa axilizar os diagnósticos dos nenos e nenas e reforzar o persoal de pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para garantir unha boa atención ao alumnado” explicou a concelleira de educación, Cruz Rivadulla.

O executivo local comprometeuse a trasladar á Consellería de Educación tódalas peticións relacionadas co transporte escolar e a falta de profesorado coa finalidade de mellorar o ensino público no Concello.

Por último, o rexedor informou ás ANPAS de que as subvecións atrasadas que o goberno anterior non pagara -concretamente as correspondentes aos anos 2018, 2019 e 2021- se leverán a pleno este mes para proceder ao seu abono, así como a convocatoria das seguintes 2022 e 2023.