Friday 22 de November de 2024

Os socialistas denuncian o abandono do muro da Avenida de Lugo e reclaman actuacións de mantemento


Mila Castro explica que a actuación de naturalización deste muro iniciouse co obxec9vo de “avanzar cara un urbanismo sos9ble que contribúa a baixar a temperatura e mellorar a calidade do aire nunha zona de moito tráfico”

Silvas e árbores comezan a aflorar no muro da Avenida de Lugo ante o “abandono absoluto” por parte da concellaría de Parques e Xardíns. A anterior responsable deste departamento durante o mandato socialista, Mila Castro, esixirá no próximo pleno ao concelleiro que dea as instrucións oportunas para que o departamento conEnúe a manter e conservar este espazo. Castro explica que esta actuación, promovida durante o mandato socialista, buscaba avanzar cara un urbanismo sosEble “xerando espazos verdes que contribúan a reducir a temperatura ambiente, promover a biodiversidade na cidade e mellorar a calidade do aire nunha zona de moito tráfico de vehículos”.

Trátase duns xardíns verEcais que se instalaron no 2021 para tapar o enorme muro de formigón que reforza o noiro da avenida de Lugo cos terreos do Seminario Menor de Belvís, xerando unha cuberta vexetal que, recalca “é algo que se está a facer en outras cidades europeas”: “non podemos permiEr a degradación da imaxe deste importante espazo, non só polos efectos que puidera traer para as especies plantadas, que se vén rodeadas por estas outras invasoras, senón pola imaxe visual que se está dando a quen pasa pola avenida” recalcou a edil socialista.