Friday 22 de November de 2024

Alternativa reclama que a Xunta obrigue aos Concellos a contar con planeamentos urbanísticos


A maior parte dos concellos galegos carecen de plan de ordenación urbanística adaptado ás leis autonómicas do solo de 2002 e 2016. É alarmante que concellos nos que hai unha importante actividade construtiva carezan de planeamento ou utilicen normas obsoletas para edificar. Arteixo, Culleredo, Cambre, Ferrol, Ourense… son exemplos desta situación.

“A Xunta ten que poñerse as pilas. En vez de tapar ou consentir irregularidades dos Concellos, debe impedir que se cometan infraccións e obrigar a que todos os Concellos teñan planeamento, para que Galicia creza con orde”, dixo o presidente de Alternativa Ángel García Seoane.