Friday 22 de November de 2024

O alcalde de Ribeira acude á inauguración do Centro Cultural e de Investigação do Funchal


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, participou na inauguración do Centro Cultural e de Investigação do Funchal, xunto o presidente da Câmara Municipal do Funchal, Pedro Calado e o presidente de Madeira, Miguel Albuquerque.

O centro inaugurouse coa colección do Museo do Gravado de Artes, “Suite Vollard” de Pablo Picasso. Esta colección está composta por 100 gravados que Picasso elaborou entre o 1930 e o 1937.

Pérez Barral agradeceu a decisión da Câmara Municipal de escoller os fondos do museo do Gravado de Artes para unha cita tan importante na que participaron 400 persoas e congregou as autoridades máis destacadas do goberno da rexión.
“Este é o comezo dunha relación de amizade entre as localidades de Funchal e Ribeira” asegurou Barral. Pola súa banda, as autoridades locais e rexionais lusas agradeceron a presenza do rexedor e do director do museo e comprometéronse a compartir fondos das entidades culturais madeirenses con Ribeira.