A subvención que se concede ascende a 31.000 euros e servirá para que este club de referencia poida seguir levando a cabo o seu labor formativo no campo do ciclismo dentro de Cambre
O alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, asinou hoxe un novo acordo co presidente do Club Ciclista Cambre Caeiro, Antonio Carrodeguas, que permitirá á entidade seguir realizando os seus proxectos deportivos especialmente no desenrolo dos seus programas de formación base. Este convenio ten unha vixencia dun ano e enmárcase dentro da política de apoio ás entidades deportivas municipais que veñen desenvolvendo actividades de fomento da práctica deportiva, organización de eventos deportivos e de participación cidadá. “Temos que destacar que este club é xa un referente en Galicia no mundo do ciclismo non só polos seus éxitos deportivos senón polo seu gran traballo coas escolas e na promoción deste deporte”, apuntou o primeiro edil.
A subvención que se concede ascende a 31.000 euros e servirá para que este club poida seguir traballando na súa labor formativa no campo do ciclismo.