Friday 22 de November de 2024

Ribeira e Funchal estreitan lazos nunha visita institucional do alcalde á cidade madeirense


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral e Xoan Pastor, director do Museo do Gravado de Artes; foron recibidos polo presidente da Câmara Municipal do Funchal; Pedro Bettencourt Calado e Francisco Faria Paulino, director do Centro Cultural e de Investigação do Funchal nunha visita institucional.

A cidade de Funchal recibiu ao alcalde de Ribeira nun encontro que busca fortalecer os lazos culturais, promover a cultura galega en Madeira e tamén unha colaboración frutífera entre ambas localidades. Esta visita oficial destacou a importancia da cooperación intermunicipal e a apreciación da diversidade cultural de ambos municipios.

Co propósito de promover o intercambio cultural e fortalecer os vínculos entre as cidades, o alcalde Luís Pérez fixo entrega dun agasallo especial; un libro do artista ribeirense Manuel Ayaso e un faro de Corrubedo, e convidou ao presidente da Câmara Municipal do Funchal a visitar o municipio.