A alcaldesa subliñou que “esta iniciativa busca conformar unha cultura coruñesa máis inclusiva e accesible
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu o acto de entrega de premios do concurso de artes plásticas ‘Un xenio volve a casa’, correspondente á sexta convocatoria de axudas ‘Cultura Accesible e Inclusiva’, organizada pola Fundación Emalcsa e a Sociedade Filatélica da Coruña. A rexedora estivo acompañada pola concelleira da Área de Benestar Social, Yoya Neira, e polo presidente da Sociedade Filatélica, José Luis Rey.
O proxecto ‘Un xenio volve a casa’ busca conmemorar o 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso. A Coruña forma parte das cidades picassianas por ser a cidade que veu nacer o ímpeto artístico do pintor malagueño. O concurso consistiu na elaboración de postais emitidas por Correos como resultado de dous murais que homenaxean a Picasso. A súa realización correspondeu a usuarios e usuarias de Asperga e Aspronaga. Rey quixo salientar que “esta iniciativa busca conformar unha cultura coruñesa máis inclusiva e accesible”.
A alcaldesa agradeceu a Asperga e Aspronaga o seu labor pola cultura inclusiva mediante iniciativas como esta. Tamén destacou o papel da Sociedade Filatélica na sociedade coruñesa por involucrarse nun gran número de iniciativas sociais. “Debedes estar orgullosos e orgullosas, pois desde hoxe formades parte deste Ano Picasso, que está a achegar á Coruña un gran feixe de eventos e exposicións do gran xenio da pintura”, sinalou.
Lista de premiados e premiadas
Álvaro Amores García
Daniela Araujo Bangueses
Lucas Ávila Abad
Ionut Badea
Benjamín Barbadillo Jove
Diego Bellón Couto
Celia Bergantiños Vázquez
Roberto Céspedes Rodríguez
Santiago Couto Vázquez
Elvira de la Iglesia Cedeira
Iago Díaz López
Raúl Encinas González
Marcos Esmorís Fernández
José Fontela Tallón
Javier Fraga Sobrado
José Manuel Gago López
Alejandro Grandío Mata
Adrián López Varela
Víctor Martínez López
Marcos Novoa Varela
Josefina Rodríguez Hermida
Walter Vázquez García
Claudia Vázquez Pérez