Friday 22 de November de 2024

Cruz Vermella Ordes, sen descanso na concienciación social


Cruz Vermella Ordes non para de realizar campañas de concienciación e información dirixidas á poboación ordense. Co gallo do Día Mundial da Loita contra a Sida voluntarios, voluntarias e persoal especializado levaron a cabo charlas nos centros escolares e instalaron mesas informativas. Non foi a única xornada na que traballaron xa que hai escasos días a Alameda da vila transformouse nun grande escenario onde se representaron pequenas escenificacións teatrais baixo o título de ‘Micromachismos’. O obxectivo desta iniciativa foi o de denunciar e pór de manifesto condutas e tratos vexatorios contra as mulleres. Todo isto aproveitando a conmemoración do Día Internacional da non Violencia contra a Muller.