Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Carballo licita as obras de demolición das antigas casas dos mestres por case 200.000 euros


As empresas interesadas teñen de prazo ata o 9 de outubro para presentar as súas ofertas

Xa están en licitación as obras de demolición das antigas casas dos mestres, o primeiro paso para poder acometer a construción dun edificio que dea acubillo ás entidades do noso concello que desenvolven a súa actividade no eido social. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 9 de outubro para presentar as súas ofertas.

Segundo o proxecto, os traballos están valorados en 191.956,86 euros, 27.861,06 dos cales destinaranse á xestión dos residuos xerados durante a demolición, que ten un prazo máximo de execución de tres meses. O bloque das antigas vivendas dos mestres ten un total de 2.648,70 metros cadrados construídos. A memoria técnica alude ao mal estado das edificacións, con “multitude de patoloxías” que as fai inservibles.